domingo, fevereiro 26, 2006

¡Panero en Perigo! - Double Trouble

En vista de que a miña vella Corte quedou reducida a foro de chismes comparatista, podemos falar hoxe de Panero e de Bud Spencer.
Para os despistados que arriben por aquí e non sexan da secta, 'Panero' é o nom de guerre do noso amigo Javier Rodríguez, así chamado pola súa afición ao poeta do Manicomio de Mondragón (sobre el fixera un traballo, e as visicitudes deste darían para outra entrada...). E un rapaz encantador, intelixente, paranoide, mala persoa... A verdade é que me entreteño -e me río- moito con el.
Estes días está por Irlanda -a moza bota alí o ano nun máster de estudos-, mais isto é algo que esquenzera cando hoxe prendo o móbil e leo a seguinte mensaxe del:

Acabo de comprar un par de periodicos explosionaro un par de bombas cincuenta heridos dice el independent, que fue la bulla mas grande en veinte años yo esestaba en la calle paralela las cosas y

A miña primeira reacción foi a de '¡estás bébeda, Sue-Ellen!'; Panero deulle demasiado esta noite á bebida. Pero despois acordeime dunha noticia que lera na wikipedia: uns disturbios en Dublín que tiveron lugar onte, co gallo dunha manifestación unionista e unha contra-manifestación republicana.


Só quedou entón o atado duns cantos cabos.
Alédome de que non lle pasara nada. Despois de todo, o seu deceso dificultaría sobremaneira que tivese un sitio e un compañeiro para continuar co visionado que levamos a cabo este curso: a cinematografía completa de Bud Spencer e Terence Hill. Xa temos disfrutado de moitas pérolas, pero fican moitas aínda por ver (entre elas a miña favorita, anque con Bud en solitario: 'Banana Joe').
Non perdo a esperanza de facer un sisudo traballo sobre o Carnavalesco Bakhtiniano, os filmes de Bud e Terence e a súa representación en escea de discursos populares (e populistas) sobre temas tan variados coma o colonialismo, a loita de clases, os conflictos coa mafia, etc...
Polo momento, déixovos coa canción repetida na súa obra mestra "Non c'è due senza quattro" (tamén coñecida como 'Double Trouble', 'Dos super Dos' ou 'Vier Fauste gegen Rio'). A música (recoméndovos buscala) é de Franco Micalizzi :

Who is who, it's me or is it you it's a confusion
someone's called us down in Brazil
They are rich but we are terrible nobody knows it
what's goin' on in Brazil
I just wanna play my saxophone in my own jazz band
when they took me down in Brazil
I just do my dream up in the sky free as a birdie
but now I landed in Brazil
Aaaahh we don't know 'bout you Rio de Janeiro
see the niñas dancing samba everywhere
Face to face with someone just like you it's double trouble
what's goin' on in Brazil
I just want a play my saxophone in my own jazz band
when they took me down in BrazilI just do my dream up in the sky free as a birdie
but now I landed in Brazil
Aaaahh we don't know 'bout you Rio de Janeiro
see the niñas dancing samba everywhere
Who there's nothing we can do in this situations
got us going on in Brazil
They are rich but we are terrible nobody knows it
what's goin' on in Brazil
Aaaahh we don't know 'bout you Rio de Janeiro
see the niñas dancing samba everywhere
Face to face with someone just like you it's double trouble
what's goin' on in Brazil
what's goin' on in Brazil
what's goin' on in Brazil

Um comentário:

Anônimo disse...

Transmitelle a minha preocupacion a Panero. Espero que siga ben e que non o meteran no trullo confundido cun terrorista.

Reconfortame ver que o teu amor por Bud e Terence segue tan vivo como o primeiro dia. Divertiriache terriblemente a serie "Don Matteo" que fai Terence en Rai Uno na que interpreta a un cura que resolve misterios e que encarna a cara amable do neo-(quizais)/paleo-fascismo berlusconiano.

O peculiar acento co que Terence fala italiano é moi simpatico.

N.





P.S.: Bicos a Panero e moça se os ves.