quinta-feira, fevereiro 16, 2006

Lista da Compra

Esta semana non tedes dereito a queixa no que se refire a número de entradas. Ben se vé que estou en época de exames e que non me apetece nada estudar...
Nestes días todos sentimos a inminente necesidade de desconectar, de facer unha outra cousa. Se a maioría bota de menos saír, a min éntranme unhas gañas tolas, irrefrenábeis de poñerme a ler libros indebidos. E non é só cuestión de gañas: o feito é que me poño a lelos.
A miña mala conciencia de historiador turroume cara cousas da miña vella carreira. En concreto, 'O queixo e os vermes', de Carlo Ginzburg (clásico estudo de microhistoria sobre un proceso inquisitorial feito a un muiñeiro friulano de ideas heterodoxas) e a 'Historia Augusta' (máis ben fábulas milesias cos emperadores de protagonistas...).
Funzando nas librerías, doume conta da de libros de historia que teño que mercar e ler. A literatura e a súa teoría ocupan demasiado do meu tempo, e hai que repartirse un pouco...
Provisionalmente, fago un listado de adquisicións para os próximos meses (teño un similar de literatura, pero nunca son quen de cumprilo...):



-'Os reis taumaturgos' (no Fondo de Cultura Económica) e 'A estraña derrota' (en Crítica), de Marc Bloch.
-'Historia da España Musulmá' (Cátedra), de Anwar G. Chejne.
-'Sobre la historia considerada como poesía' (Akal), de Jose Carlos Bermejo Barrera.
-"A civilización do Occidente Medieval' (Paidós) e 'O marabilloso e cotián no Occidente Medieval' (Gedisa), de Jacques Le Goff.
-"Os xacobinos negros" (Turner e Fondo de Cultura Económica), de C. L. R. James.
-"Homo Ludens" (Alianza), de Johan Huizinga
-"Imperio" (Paidós), de Michael Hardt e Toni Negri
-"Ehud's Dagger: Class Struggle in the English Revolution" (Verso), de James Holstun
e
-"Roman Tragedy" (Routledge), de A.J. Boyle

5 comentários:

Anônimo disse...

Non liches Impero, a biblia dos tempos contemporaneos, Manolo?

Ah, creo que se se enteran alguns que eu me sei as apertas nocturnas se acaban.

N.

Anônimo disse...

Menos mal que esta vez a lista da compra é unha lista da compra é unha lista da compra e non un poema de Javi...

He, he, he...

Anônimo disse...

¿Quen serás e que dirás? Non entendo nadiña,nadiña.

Anônimo disse...

¿Quen serás e que quererás?

FraVernero disse...

E quen serás ti, Anónima? De non ser pola moderación de comentarios, probábelmente nen me tería dado conta destas breves liñas nunha entrada xa vella...
Anque polo momento, só lin un e merquei outro dos libros da lista.

Esta casa miña está parada. Recoméndoche abandoar as ruinas (neo)góticas do castelo e botar un ollo no Pazo de Don Ramón Otero Pedrayo.

Un saúdo.