domingo, maio 07, 2006

Franco Battiato - Centro di Gravita' Permanente

Non, Noello, isto non é un intento de facerche a pelota. Xa che estou a botar de menos, mais agardo oportunidades de seguir as nosas conversas interrumpidas...
En todo caso, teño que recoñecer que Battiato ten momentos sublimes, dos que esta canción é un exemplo. Eu tamén pescudo un centro de gravidade permanente, a poder ser por liñas de discurso ilustrado e esteticista -a lei moral por riba de mín que tan deliciosamente glosou o Kant do que parolamos. Non en van estou integrado nunha loita persoal para abandoar a piara dos porcos de Epicuro e voltar a reconstruir o meu orgullo con esas formas de autodominio e coidado de si das que tanto gustaban os estoicos e usurpou un cristianismo bastardo e unha corte de Emperadores -non da dinastía de Ming, senón de Constantino.
Sen máis preámbulos, escoitemos ao xenial Napiato:

Una vecchia bretone con un cappello e un ombrello
di carta di riso e canna di bambu`
capitani coraggiosi furbi contrabbandieri macedoni
gesuiti euclidei vestiti come dei bonzi per entrare a corte
degli imperatori della dinastia dei Ming.

Cerco un centro di gravita` permanente
che non mi faccia mai cambiare idea sulle cose sulla gente avrei bisogno di
Cerco un centro di gravita` permanente
che non mi faccia mai cambiare idea sulle cose sulla gente
Over and over again.

Per le strade di Pechino erano giorni di maggio
tra noi si scherzava a raccogliere ortiche
non sopporto i cori russi la musica finto rock
la new wave italiana il free jazz punk inglese
neanche la nera africana.

Cerco un centro di gravita` permanente
che non mi faccia mai cambiare idea sulle cose sulla gente
avrei bisogno di
Over and over again.

6 comentários:

Anônimo disse...

Eu en cambio quererìa adicar a minha vida futura à contemplaciòn da sombra dos porquinhos na auga transparente, desculpen, mentres soa repetido sempre o mesmo bolero dos Panchos...

Anônimo disse...

Si, Manolo, tamén lamento eu que tan pronto como chegaches parece que xa marchaches...

Querido amigo e malvado fustigador de Anschluss (he, he)...

En fin, bicos.

As fotos estan xa enviadas e o libro sobre commedia dell'arte esta na fase de busca.


Bicos,

N.

FraVernero disse...

Ams...
irónicamente raro, meu señor de la Loyre, anque despois de ter co-asaltado o teu computador privado nese piso bolognés, non hai cousa que me poida sorprender no respecto aos teus gustos...

Noello, noello... Iso de fustigador do Anschluss quédame grande. Mañá Anxo pasarame un exemplar da Revista. Dixo que lle tiñas algo que mandar. ¿Qué é?
Non te esquezas da estampas da commedia. Se topases algún librillo tamén sería estupendo, pero non malgastes moitos cartos pola miña culpa...

Anônimo disse...

Eu non digo nada raro nin irònico; à fin, todo devèn case cotiàn, tan fermoso como detestable. Fìxome ilusiòn atoparte en Italia, confeso. Por desgracia, perdìcheste un dos tesouros màis fermosos da primavera meridional, è dicir, as tartarugas de infinitas formas e diversa mesura nos giardini Margherita. Estou a descubrir que cada persoa ten a sùa propia tartaruga no estanque, e tamèn ti, tamèn, has de ter a tùa propia, a imaxe e semellanza. Os demais, seres tristes, viven expulsados do paraìso. Pero a culpa non è de ninguèn.

FraVernero disse...

E digo eu, ¿como poderíamos seguir vivindo sen o lirismo ferido e as flores de/lirio do noso querido poeta vigués?

Mais sempre anda por algures o anxo flamíxero-cazador no escuro que nos quere expulsar do paraíso. Iso sí, reteremos unha copia (cortesía de Mondadori) do Dantesco. Hoxe comecei a asaltar o texto italián...

Bicos

M.

Anônimo disse...

Nunca me fixara eu no das tartarugas... tampouco frecuento con grande asiduidade os giardini Margherita, iso é certo.

Se tivese eu unha tartaruga de meu a miraria tanto que o final os nosos ollos intercambiarianse e eu estaria na auga ela estudaria a Petrucci. Isto é, se fose bastante melancolico como para ter unha tartaruga de meu, o mesmo tipo de determinacion que levaria a alguns a meterse no mesmo traxe un dia detras de outro. E logo...

Allez hop!