sábado, março 11, 2006

Máscara de Traxedia



Esta que vos ensino aquí non escapou do Carnaval veneciano, trasna brincadeira na face dun cómico Arlecchino, tristeiro Pierrot ou tacaño Pantalone. Tampouco é un calco acartonado das máscaras gregas que sobreviviron na estatuaria e na pintura de cerámicas.
Non; ésta pertence e foi levada durante o Grande Ritual de Traxedia do noso breve século XX: o Gulag Soviético. Nun retrouso etimolóxico (latín non clásico mascus, masca - fantasma), a cuberta vai absorvendo aos seus portadores e trasformándoos nun Coro Tráxico de Sombras.
Con máscaras tapábanse o rostro os traballadores ao raso nun intento de gorecelos a temperaturas de 40 grados baixo cero. A da imaxe elaborouna o preso político Karlis Argalis nos anos cincuenta e na rexión do Amur.

4 comentários:

Anônimo disse...

Os ultimos pasos do poeta no seu circulo de neve debian de soar como soa (xa que os versos soan mais que nada) certa formula adivinatoria:

"Morte bella parea nel suo bel viso"

Petrarca, TMI, 172.

Anônimo disse...

LE MASQUE

Mort masquée de papier gras
fuir l'excès de ce silence
amuser la puanteur.
Bataille.


Todos levamos unha máscara metafórica enriba. O peor é que a de Karlis Argalis era traxicamente certa. A metamáscara coa que protexerse/esconderse da morte (toda morte é por definición fría).

p.s.: e de Thanatos a Eros (tomando o fío da súa outra páxina): + Bataille (o sexo e o intelecto nunha simbiose perfecta:

"je bois dans ta déchirure
j'etale tes jambes nues
je les ouvre comme un livre
où je lis ce qui me tue."

¡ A ler con fruición!

(Do poemario de Bataille saiu o "je t'aime comme on chie" que emprega Pereiro no poema viii do seu derradeiro e fermoso libro de amor e enfermidade).

Anônimo disse...

Bataille e Durrenmatt son quizais dous dos tipos mais crueis que escribiron xamais nunha lingua do aqui...

Para curiosos...

http://www.galicia-hoxe.com/canles/rdl/20060316/index.htm

Anônimo disse...

A ver se metemos outro post, jodio...

N.