sábado, março 04, 2006

Xogo para Arnaut Noel (e quen queira sumarse)

Como ben saberá o meu amigo e poeta, acosado polos monxes de Montaudon ("mas us fols mots c´om non enten"), o soneto é unha forma literaria de moi tardía introducción nas Illas Británicas. Hai que agardar ao século XVI e ás obras de Sir Thomas Wyatt e o Earl of Surrey, ou ao famoso volume de Philip Sidney 'Astrophel and Stella' (1591).
Certamente, Sir Thomas Wyatt tivo unha vida pintoresca (amante de Ana Bolena; embaixador ante o Papa e o rei de España-Emperador Alemán Carlos; varias veces preso na Torre de Londres, onde contemplou a execución da súa amada; e seu fillo á cabeza da famosa rebelión de Wyatt contra a raíña católica e o seu católico esposo, 'Philip of Spain'). Das súas viaxes por Italia parece que recolleu un hálito petrarquista, xa que traduciu moitas das súas rime ao inglés.
Velaiquí tedes unha mostra:

I find no peace, and all my war is done:
I fear, and hope; I burn, and freeze like ice;
I fly above the wind, yet can I not arise;
And nought I have, and all the world I seize on;
That locketh nor loseth holdeth me in prison,
And holdeth me not, yet can I 'scape nowise:
Nor letteth me live, nor die at my devise,
And yet of death it giveth me occasion.
Without eyen I see, and without tongue I 'plain;
I desire to perish, and yet I ask health;
I love another, and thus I hate myself;
I feed me in sorrow, and laugh in all my pain.
Likewise displeaseth me both death and life,
And my delight is causer of this strife.


Agora, a pregunta é (resólvase sen facer trampas e mirar no google, anque hai permiso para fuzar o que se queira no 'Cancioneiro'): ¿de cal das rime é este soneto unha transliteración?
A resposta, xunto con algúns comentario, deberá traer -a ser posíbel- o poema orixinal.

7 comentários:

Anônimo disse...

Manolo, sintoo, pero a referencia non é moi complicada. Un comparatista digno sacaa a primeira. Conste que é un detalle veramente carino e a traduccion é simpatica, tendo sempre en conta que os ingleses e os sonetos... en fin. Atoparse con estes textos despois dun duro dia de estudo é sempre reconfortante...

Bicos

P.S.: Ah, tratase do arquimitadisimo e xenial RVF, CXXXIV do unico e grandioso messer Francesco Petrarca...

inimitable...

sublime...

onde estea el que se saque todo...

PETRARCA IST WIEDER IN SICHT

Anônimo disse...

O soneto si que o copio de internet. Non o copio porque non me atrevo a meterlle man (non ouso) e porque creo que se entende sen necesidade de:

Pace non trovo e non ho da far guerra/e temo, e spero; e ardo e sono un ghiaccio;/e volo sopra 'l cielo, e giaccio in terra;/e nulla stringo, e tutto il mondo abbraccio.//Tal m'ha in pregion, che non m'apre nè sera,/nè per suo mi riten nè scioglie il laccio;/e non m'ancide Amore, e non mi sferra,/nè mi vuol vivo, nè mi trae d'impaccio.//Veggio senz'occhi, e non ho lingua, e grido;/e bramo di perire, e chieggio aita;/e ho in odio me stesso, e amo altrui.//Pascomi di dolor, piangendo rido;/egualmente mi spiace morte e vita:/in questo stato son, donna, per voi.


Tratase dun modelo productivo de importancia extraordinaria na Europa occidental (continental e insular, como se pode comprobar)...

Ainda que as alturas de Wyatt é xa mais Bembo que Petrarca: ou sexa unha vulgata: ou sexa que non sexamos textocéntricos...


Bicos

FraVernero disse...

Hehehehehe...
Meu querido e malvado, supuxen que che divertiría máis que o exercicio, a comprobación dos primeiros esforzos saxóns por acondicionar esta delicada arquitectura ao país da cervexa tépeda e as carnes abundantes. Paladar pouco refinado a priori, anque despois dea eses florecimentos xeniais no soneto shakesperiano (que para o meu estupor, rexeitas e infravaloras) ou nas marabillas do Donne (aí creo que xa forxamos maior consenso).
En todo caso, unha lembranza/homenaxe ao Petrarca que sei que tanto admiras -a radio testemuña...
Algo de Arnaut Daniel está tamén ao caer. E de paso, concretar dunha vez as xornadas de estancia (tou a mirar en internet os prezos de ryanair; tesme que informar ti das conexións roma-bologna, anque tamén cabe a posibilidade do voo directo; a priori, estaba pensando liscar un venres e voltar uns luns (11 días en total).

Anônimo disse...

¡Vaites! Saín dun souto e metínme noutro.
De Yeats a Petrarca.
Non sei que pasa en Trasalba que non me foi posible colgar comentario...
De tódolos xeitos tan só quería dicir que para o centenario aínda haberá que agardar (?) dez aniños máis.
E xa que falamos de Yeats e que onte (aínda) vin a historia da boxeadora que dirixiu/interpretou Eastwood, ¿por que elexiu o poema de Yeats, xusto ese? Eu estou facendo as miñas cábalas, pero seguro que comparatistas e cinéfilos coma os que aquí andades poderedes darme as vosas opinións.
E xa por non parar, eu dos seus sonetos a Laura quédome/quedeime (donde vas, Vicente?)co CCC.

Boa viaxe a F. V. e que N. o trate con cariño.

FraVernero disse...

É verdade, tio Pepín (feliz encontro de novo), anque como foi un pequeno erro que metín nun comentario (non na entrada), o único xeito de corrixilo era eliminar e voltar a escribir -cousa que me dá enorme preguiza.
Se te fixaches, picando abaixo pódese escoitar unha versión bastante bonita, musicada, do poema.
Canto aos comentarios, estráñame que tiveras problemas. Outra cousa é que non aparezan ao momento (como pasa aquí), xa que antes teño que moderalos -pequena precaución contra moteiros e outros animais.
Unha aperta.

Anônimo disse...

Non estou en absoluto de acordo co desprezo displicente de sir Gawain cara esta traducciòn; menos, aìnda, cara a xeralizaciòn "os ingleses e os sonetos".
A traducciòn en cuestiòn parèceme, como mìnimo, mestra; realmente, penso que è insuperable (agàs para Petrarca, claro està).

FraVernero disse...

Que ledicia velo por aquím eu señor de La Loyre...

Nisto estamos os dous dacordo e atacamos ao cabaleiro do pentáculo; é displicente demais coa tradición sonestista inglesa -e notoriamente, co divino William.
Anque sempre respetarei o seu gusto e a súa sempre sagaz intuición, sospeito os prexuízos do romanista rondado como un espectro anglófobo nesta -como outras- das escollas radicais do noso común amigo.